Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

xoves, 27 de febreiro de 2025

Introcución á escrita creativa: un obradoiro con Gisele Mato para celebrar o Día da Poesía e o Día do Teatro en marzo

No mes que comeza, celebramos dúas datas enormemente significativas relacionadas coa literatura: o Día da Poesía, 21 de marzo, e o Día do Teatro, o 27 de marzo. Aproveitando estas efemérides, dende a biblioteca municipal desexamos convidar a toda a cidadanía a participar nun obradoiro de creación literaria...

venres, 21 de febreiro de 2025

"El cielo es azul, la tierra blanca" de Hiromi Kawakami, vindeira lectura do club

Despois de ler e comentar co autor a novela “Faneca brava” de Manuel Portas (Xerais, 2013), damos un importante salto espacial, dun xeito metafórico por suposto, para reencontrarnos no club coa literatura xaponesa.Nesta caso, da man dunha autora como é Hiromi Kawakami, coñecida polo seu estilo evocador...

luns, 10 de febreiro de 2025

Xosé Vizoso. In memoriam

Este domingo espertamos coa triste nova do repentino falecemento do ilustre veciño de Brión e benquerido amigo Xosé Vizoso. Un home xentil, afable e xeneroso. Un incansable traballador que destacou dende neno polas súas habilidades artísticas que o converterían, da man de Isaac Díaz Pardo, en alma...

venres, 7 de febreiro de 2025

Un serán de narración oral, con música e ilustración en vivo, para celebrar coas crianzas a Xosé Vizoso

Aínda que conmemoramos o Día da Ilustración o xoves 30 de xaneiro, a biblioteca municipal organizou hoxe venres, 7 de febreiro, unha actividade de dinamización dedicada a Xosé Vizoso, ilustre veciño a quen se lle dedicou este ano unha efeméride que celebramos en Galicia coincidindo co nacemento de...